Oficina española de Patentes y Marcas. Sede Electrónica

Accesibilidade

 

A LSSI (Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico) na súa disposición adicional quinta di:

 

Un. As administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas respectivas páxinas de Internet poida ser accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada de acordo cos criterios de accesibilidade ó contido xeralmente recoñecidos antes do 31 de decembro de 2005 .

 

O portal da OEPM ten entre os seus obxectivos garantir o acceso á información e aos servizos das súas páxinas sen ningunha limitación nin restrición por razón de discapacidade de calquera carácter ou condicionantes técnicos, tendo en conta que moitas persoas que consultan información en páxinas de Internet fano desde diferentes dispositivos e contextos.

 

Para ese efecto, as nosas directrices de accesibilidade son as seguintes:

 

  • Cumprimento das normas WCAG (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel AA.

    W3C WAI-AA
  •  

  • Verificación do cumprimento das directrices citadas a través do test de accesibilidade web(TAW).
  •  

  • A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as follas de estilo en cascada de nivel 2 (CSS2). Se o seu navegador non é compatible coas follas de estilos en cascada, é posible navegar pola rede sen ningún tipo de problema.

    w3C_css
  •  

  • Empregouse o estándar recomendado no uso de códigos XHTML verificando as recomendacións XHTML 1.0 Transitional, polo que se visualizará correctamente en calquera navegador que dea un soporte correcto ao devandito estándar.

    W3C_xhtml

 

Naturalmente, somos conscientes de que a accesibilidade deste portal pode mellorarse e traballamos para iso. Invitámolo a axudarnos neste esforzo cos seus comentarios ou suxestións.