LogoMinisterior
LogoOEPM

Patente europea

Presentación

A Oficina Española de Patentes e Marcas desenvolveu, coa colaboración da Oficina Europea de Patentes (EPO) e a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI), o sistema informático de solicitude-e de patentes, que permitirá enviar á OEPM, pola Internet, solicitudes de patentes europeas, españolas e PCT.

Coa solicitude-e de invencións podes:
  • Completar a solicitude directamente dende o teu ordenador (con comprobación anterior dos requisitos formais).
  • Achegar a documentación da solicitude (descrición, reivindicacións, etc.) en formato PDF ou XML.
  • Asinar e enviar a solicitude en formato electrónico.
  • Enviar a solicitude a diferentes organismos (OEPM, OMPI, EPO, etc.).
As vantaxes da solicitude de patentes por vía electrónica son:
  • Aforro de tempo, por exemplo, grazas á comprobación automática dos requisitos de forma e á axenda de enderezos.
  • Desconto en taxas para a solicitude nacional, PCT e europea.
  • Recibir ao instante un xustificante da presentación da solicitude. Este contén o número de solicitude e a data de envío.
  • Garántese o maior nivel de seguridade.

 

Para utilizar este servizo, necesitas instalar un programa especial, que é utilizado conxuntamente coa identificación electrónica. Este programa é gratuíto. Para máis información ao respecto ver as seguintes ligazóns:

 

Este sitio web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y mejorar el funcionamiento de la página. Además, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a la OEPM que podrás decidir si aceptas o no cuando accedas a ellos.

Más información