Este apartado debe utilizarse para contestar ao suspenso de forma, ditado en expedientes de marcas ou nomes comerciais. Cando se solicite no escrito de contestación ao suspenso unha modificación do expediente (distintivo, lista de produtos ou servizos, regulamento de uso, etc.) deberá abonarse a taxa de modificacións (CI07) cando estas sexan efectuadas de xeito espontáneo polo solicitante. Non procederá o pagamento desta taxa cando a solicitude de modificación sexa como consecuencia dun suspenso decretado pola Administración.